
Impulsa Comercio Galicia
Obradoiros para transformar o teu negocio con dixitalización, innovación e sostibilidade.


Empresarios de Pontevedra

Microsoft Teams

A Federación Galega de Comercio (FGC), en colaboración coa Xunta de Galicia, pon en marcha un novo programa extraordinario de formación e asesoramento ao sector comercial galego. Nesta ocasión, o ciclo céntrase en catro grandes áreas clave para o presente e futuro do comercio: dixitalización, marketing e vendas, xestión e estratexia, e tendencias e sostibilidade. Ao longo das sesións, exploraranse ferramentas prácticas para mellorar a visibilidade online, optimizar a xestión do negocio, coñecer novas formas de conectar coa clientela e incorporar criterios sostibles no día a día comercial.
Unha oportunidade para actualizar coñecementos e impulsar a competitividade do comercio de proximidade en Galicia.
Axenda:
Este acto de presentación servirá como punto de partida para coñecer os obxectivos e temáticas do programa Impulsa Comercio Galicia.

Gabriel Alén Castro
Director xeral
de Comercio e Consumo

José María Seijas
Presidente de Federación
Galega de Comercio

Jorge Cebreiros
Presidente Confederación
de Empresarios de Pontevedra

Ponente:
Jairo Ochoa
diferencias, obligacións e solucións