FORMACIÓN EN PREVENCIÓN DO CONTAXIO POR COVID-19

- CURSO PECHADO -

Logotipo Xunta de Galicia
Logotipo Federación Gallega de Comercio
Curso Covid 19 en abierto Federación Gallega de Comercio FGC

A Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia poñen en marcha unha acción formativa sobre a prevención do contaxio por Covid-19 no ámbito do sector comercial.

Esta nova ferramenta complementa ás accións de divulgación da información acerca das medidas implantadas para facer fronte á situación provocada pola crise do coronavirus Covid-19 que vimos elaborando dende marzo do 2020 polos servizos de asesoramento da Federación Galega de Comercio e que canalizamos a través da nosa web mediante circulares e newsletters, difusión de guías e procedementos, e as publicacións relevantes do BOE, DOG e boletíns provinciais.

Este servizo ofertado para o comercio de proximidade galego, que está en constante actualización, complétase agora cunha ferramenta formativa online en formato aberto e gratuíta, dirixida a autónomos e traballadores do sector.

Traballar con seguridade é importante. O novo COVID-19 modificou a forma de facer as cousas tanto a nivel persoal como a nivel laboral. Neste último contexto, existen multitude de recomendacións e obrigacións establecidas polas autoridades competentes que se deben levar a cabo polas empresas nos centros de traballo.

Ao longo deste curso online preténdese dotar ao alumnado do coñecemento, os consellos e a información preventiva relativa aos procedementos preventivos a seguir ante a Pandemia Global Coronavirus SARS- COV-2.

Obxectivos:

- Coñecer os síntomas da enfermidade da COVID-19 e o modo de actuación ante un posible contacto.

- Identificar as medidas de prevención que hai que desenvolver na empresa e polo persoal fronte á COVID-19.

- Diferenciar as características dos equipos de protección individual a utilizar e o seu uso correcto.

- Descubrir cal é a xestión adecuada dos residuos xerados por esta situación.