Impulsa Comercio Galicia

Impulsa Comercio Galicia

Obradoiros para transformar o teu negocio con dixitalización, innovación e sostibilidade.

24 de xullo de 2025
Na Confederación de
Empresarios de Pontevedra
Ou a través de
Microsoft Teams

A Federación Galega de Comercio (FGC), en colaboración coa Xunta de Galicia, pon en marcha un novo programa extraordinario de formación e asesoramento ao sector comercial galego. Nesta ocasión, o ciclo céntrase en catro grandes áreas clave para o presente e futuro do comercio: dixitalización, marketing e vendas, xestión e estratexia, e tendencias e sostibilidade. Ao longo das sesións, exploraranse ferramentas prácticas para mellorar a visibilidade online, optimizar a xestión do negocio, coñecer novas formas de conectar coa clientela e incorporar criterios sostibles no día a día comercial.

Unha oportunidade para actualizar coñecementos e impulsar a competitividade do comercio de proximidade en Galicia.

Axenda:

10:30 horas - Xornada de presentación | CEP - Avda. García Barbón, 104 - Vigo

Este acto de presentación servirá como punto de partida para coñecer os obxectivos e temáticas do programa Impulsa Comercio Galicia.

Gabriel Alén Castro
Director xeral
de Comercio e Consumo

José María Seijas
Presidente de Federación
Galega de Comercio

Jorge Cebreiros
Presidente Confederación
de Empresarios de Pontevedra

11:00 horas - Pausa
11:15 horas - Sesión formativa

Ponente:
Jairo Ochoa

Factura electrónica vs Verifactu:
diferencias, obligacións e solucións
Nesta sesión descubrirás como automatizar o teu proceso de facturación electrónica e adaptarte ás novas obrigas legais dunha maneira sinxela, segura e conforme á normativa vixente da AEAT, emitindo facturas en formato Facturae, cumprindo coa lexislación actual, e preparándote para a integración co sistema VeriFactu, garantindo a trazabilidade e validación ante a Axencia Tributaria.

Queres asistir? Reserva a túa praza

Por favor, selecciona o teu taller
Introduce tu nombre
Introduce un email.
O teléfono móbil debe comezar por 6 ou 7 en España
Para continuar, é necesario que aceptes a Política de Privacidade.