Networking Impulsa Comercio Galicia

Co financiamento da:

Xunta de Galicia
Programa gratuíto para o comercio galego

Impulsa Comercio Galicia

Xornadas de networking e cápsulas formativas para evolucionar a xestión do teu negocio.

Un espazo pensado para compartir experiencias, descubrir novas ferramentas e crear conexións útiles entre profesionais do comercio galego.

Profesional do comercio participando no programa Impulsa Comercio Galicia
Sesións presenciais Encontros próximos, prácticos e participativos.
Contidos aplicables Ideas e ferramentas para o día a día do negocio.
Networking profesional Novas conexións entre comerciantes de toda Galicia.

Sobre o programa

Coñecemento, colaboración e novas oportunidades

A Federación Galega de Comercio, en colaboración coa Xunta de Galicia, pon en marcha un programa extraordinario de formación e asesoramento dirixido ao sector comercial galego.

O ciclo estrutúrase arredor de catro sesións de networking e diferentes cápsulas formativas sobre dixitalización, marketing e vendas, xestión e estratexia, tendencias e sustentabilidade.

As xornadas permitirán compartir problemáticas comúns, coñecer experiencias reais e xerar un espazo útil para o debate, a aprendizaxe e a creación de novas conexións profesionais.

Axenda de encontros

Próximas sesións de networking

Consulta as primeiras datas confirmadas. A información das sesións de outubro completarase proximamente.

Sesión 01

Presentación do programa formativo e networking sobre dixitalización

Sesión presencial orientada a descubrir solucións e recursos prácticos para mellorar a presenza dixital e a relación co cliente.

Cando: 10 de setembro · 10:00 - 11:00 h.

Modalidade: presencial

Onde: Salón dos presidentes da CEO. Praza das damas, nº 1. Ourense.

Inscrición pechada

Apertura institucional

Gabriel Alén Castro

Relator

Gabriel Alén Castro

Director Xeral de Comercio e Consumo

José María Seijas

Relator

José María Seijas

Presidente da Federación Galega de Comercio

Beatriz Gómez Valcárcel

Relatora

Beatriz Gómez Valcárcel

Presidenta da Federación de Comercio de Ourense

Sesión 02

Networking sobre marketing e vendas

Un encontro presencial para revisar accións comerciais, captación de clientes e ideas sinxelas para reforzar a comunicación do negocio.

Cando: 17 de setembro · 09:00 h.

Modalidade: presencial

Onde: AEVER. Rúa Doutor Pedro González Prada, nº 5, baixo. 32600. Verín.

Inscrición pechada

Diego Fernández

Relator

Diego Fernández

Consultor de Dixitalización, Marketing e Vendas.

in Ver o perfil profesional de Diego Fernández en LinkedIn
Sesión 03

Networking sobre xestión e estratexia comercial

Sesión presencial centrada en organización, toma de decisións e visión estratéxica para reforzar a competitividade do comercio local.

Cando: 14 de outubro. 21:00 h.

Modalidade: presencial

Onde: FECIMO. Avenida de Vigo, 91, baixo. Cangas do Morrazo.

Iria Álvarez

Relator/a

Iria Álvarez

Consultora empresarial

in Ver o perfil profesional de Iria Álvarez en LinkedIn
Sesión 04

Networking sobre legalidade básica para o comercio

Encontro presencial para compartir reflexións e boas prácticas sobre a legalidade dos espazos dixitais no comercio.

Cando: pendente

Modalidade: presencial

Onde: pendente

Francisco Javier Cancelas

Relator/a

Francisco Javier Cancelas

Consultor experto en protección de datos

in Ver o perfil profesional de Francisco Javier Cancelas en Linkedin

Queres asistir? Reserva a túa praza

Completa o formulario de inscrición. As prazas son limitadas.

Por favor, selecciona a túa sesión
Por favor, introduce o teu nome.
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
En España, o número de teléfono móbil debe comezar por 6 ou 7.
Para continuar, debes aceptar a Política de Privacidade.