

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación de Industrias del Metal y Tecnologías Asociadas de Galicia (ASIME), poñen en marcha un convenio de colaboración para a realización de accións formativas co obxectivo de impulsar e promover o futuro profesional dos traballadores/as, autónomos/as e desempregados/as de Galicia.
Esta formación impártese en modalidade en liña, necesitarás un computador e conexión fluída a internet. Con ela poderás:
Esta formación está 100% subvencionada pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación e Formación Profesional, o que significa que non consome créditos de formación e que non che custará nin un euro. Unha vez finalizada a formación, obterás un diploma que certifica o correcto aproveitamento do curso.
Consulta a continuación a oferta de cursos dispoñibles e solicita a túa praza nun clic!


Prazas esgotadas!
Fiscalidade básica, IRPF, IVE, IS
Data de inicio: Prazas esgotadas
Duración: 50h.
Obxectivo: Coñecer o funcionamento do Sistema Tributario Español no referente ao imposto de sociedades, IVE, IRPF, imposto de sucesións e doazóns, Transmisións Patrimoniais e Tributos locais. Aprendizaxe dos conceptos básicos necesarios para o exercicio tanto profesional como persoal na área fiscal.
Formación 100% subvencionada por:
