
Cursos 100% subvencionados
Amplía as túas competencias integrando novos coñecementos para desenvolver o teu talento profesional
A Consellería de Emprego e Igualdade e a Asociación Clúster del Naval Gallego poñen en marcha un convenio de colaboración para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Os principais obxetivos desta formación non formal en modalidade en liña son:
- Completar a túa formación gratis nunha materia concreta.
 - Mellorar as túas competencias profesionais a través das novas tecnoloxías e co apoio continuo de titores especializados.
 - Prepararte para responder as necesidades actuais da empresa, así como para asumir novas responsabilidades ou funcións.
 
Esta formación está 100% subvencionada pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, o que significa que non consome créditos de formación e que non che custará nin un euro. Unha vez finalizada a formación, obterás un diploma que certifica o correcto aproveitamento do curso.
Consulta a continuación a oferta de cursos dispoñibles e solicita a túa praza nun clic!






