

Avanza na túa carreira profesional!
Cursos gratuítos para persoas traballadoras, autónomos/as e desempregados/as de Galicia
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación de Industrias del Metal y Tecnologías Asociadas de Galicia (ASIME) poñen en marcha un convenio de colaboración para a realización de accións formativas co obxectivo de impulsar e promover o futuro profesional dos traballadores/as, autónomos/as e desempregados/as de Galicia.
Esta formación impártese en modalidade en liña, necesitarás un computador e conexión fluída a internet. Con ela poderás:
- Formarte ao teu ritmo e desde calquera lugar.
- Terás á túa disposición titores especializados na materia, para axudarche a resolver todas as túas dúbidas.
- Ampliarás as túas competencias profesionais e te manterás ao día de todos os cambios do mercado laboral.
Esta formación está 100% subvencionada pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación e Formación Profesional, o que significa que non consome créditos de formación e que non che custará nin un euro. Unha vez finalizada a formación, obterás un diploma que certifica o correcto aproveitamento do curso.
Consulta a continuación a oferta de cursos dispoñibles e solicita a túa praza nun clic!


Formación en liña. Elixe o teu curso!
Desenvolvemento de aplicacións web: Python
Duración: 30h.
Obxectivo: Introducir os distintos entornos de desenvolvemento, o entorno interactivo Jupyter e crear programas. Coñecer os elementos básicos da linguaxe, as estruturas de control, estruturas de datos e elementos sintácticos específicos de Python. Introducir algunhas das bibliotecas máis habituais da linguaxe e realizar prácticas e exercicios sinxelos de programación con Python.
Inglés empresarial
Duración: 60h.
Obxectivo: Adquirir as capacidades necesarias para resolver de forma correcta e fluída situacións propias do ámbito da empresa en lingua inglesa, desenvolvendo os procesos de compresión oral e escrita, e expresión oral xerados pola actividade empresarial.
Ofimática básica
Duración: 30h.
Obxectivo: Adquirir os coñecementos e destrezas necesarios para desenvolverse no entorno Windows e utilizar os programas de Microsoft Office: tratamento de textos, folla de cálculo, base de datos e creación de presentacións.
Solicita a túa praza!
Formación 100% subvencionada por:
