
Fórmate e impulsa a túa carreira profesional
Cursos online gratuítos para persoas desempregadas de Galicia
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Fundación Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), poñen en marcha un convenio de colaboración para a realización de accións formativas co obxectivo de impulsar e promover as oportunidades e o futuro profesional das persoas desempregadas de Galicia.
Esta formación impártese en modalidade en liña, e con ela poderás:
- Mellorar o teu perfil profesional: completa os teus coñecementos para emprender novos retos e proxectos.
- Especializarte e posicionarte como experto/a: en todos os sectores existe unha dura competencia, por iso é fundamental estar ben formado/a para estar ao día de todos os cambios e novidades do mercado laboral.
- Aumentar a produtividade: optimiza o tempo e tarefas coa mellora das túas habilidades e talento profesional.
Esta formación é promovida pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Consulta a continuación a oferta de cursos dispoñibles e solicita a túa praza nun clic!




