Cursos gratuitos para traballadores de Galicia

Cursos 100% gratuítos

Galicia. Cursos 100% gratuítos!

Formación para persoas traballadoras, autónomas e desempregadas. Apúntate xa!

Xa podes apuntarte aos cursos gratuítos dirixidos a persoas traballadoras por conta allea, autónomas ou en ERTE de Galicia (*), cuxo obxectivo principal é mellorar as competencias e impulsar o talento profesional dos galegos e galegas co apoio continuo de titores especializados.

Esta formación impártese en modalidade en liña e con ela poderás:

  • Ampliar conoñecementos e habilidades.
  • Mellorar a túa proxección laboral e mellorar o teu perfil profesional.
  • Ter acceso a unha gran variedade de recursos e ferramentas para a aprendizaxe.

Esta formación está 100% subvencionada pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Trabajo y Economía Social. Todos os cursos inclúen un módulo transversal sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica.

(*) Algúns cursos contan con prazas para persoas desempregadas.

Consulta a continuación a oferta de cursos e solicita a túa praza nun clic!

Compárteo

 Vantaxes cursos gratuítos
 Vantaxes cursos gratuítos

Formación gratuíta autonómica para profesionais de Galicia. Prazas esgotadas!

Pechouse a matrícula para a convocatoria autonómica de formación gratuíta en liña dirixida a persoas ocupadas de Galicia. Non chegaches a tempo?  Non te preocupes! Proximamente publicaremos unha nova convocatoria con prazas dispoñibles para a túa provincia. Rexístrate en cursosfemxa.es, mantén o teu perfil completo e actualizado e avisarémoste en canto volvamos publicar novos cursos gratuítos.

Títulos Oficiais do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Queres obter un Título Oficial? Apúntate aos cursos gratuítos cos que poderás acreditar as túas habilidades e ampliar os teus coñecementos.

  • Modalidade: en liña con sesións presenciais en Vigo.
  • Titulación: Título Oficial de Formación Profesional con validez en todo o territorio nacional.

Cursos en liña gratuítos vinculados a unidades de competencia

Marca a diferenza na túa carreira profesional! Estes cursos gratuítos están vinculados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, teñen un enfoque eminentemente práctico e están especialmente deseñados para actualizar os teus coñecementos e dar resposta ás necesidades actuais do mercado laboral.

  • Modalidade: en liña. Fórmate ao teu ritmo e sen limitacións horarias!.
  • Titulación: Diploma de aproveitamento.  

Cursos gratuítos certificados pola Universidade Nebrija

Consulta os cursos gratuítos certificados pola Universidade Nebrija cos que obterás créditos Universitarios Europeos (ECTS) puntuables en concursos-oposición, traslados, bolsas de contratación, oposicións e prazas interinas. Aproveita esta oportunidade de crecemento e desenvolvemento profesional. Solicita a túa praza!

  • Modalidade: aula virtual (clases en horario específico mediante videoconferencia) e en liña.
  • Titulación: Diploma de aproveitamento.

Non cumpres cos requisitos de acceso a estes cursos?
Podes consultar a oferta completa de cursos gratuítos dispoñible ou os cursos incluídos no noso catálogo de formación privada e bonificada.