
Especial Galicia
Cursos gratuítos para persoas traballadoras e autónomos/as de Galicia
MATRÍCULA ABERTA!
Mellora como profesional, aprende a integrar novos coñecementos e técnicas para completar a túa formación! Se vives en Galicia xa podes apuntarte aos cursos gratuítos cuxo principal obxectivo é satisfacer as aspiracións de promoción profesional e desenvolvemento persoal das persoas traballadoras, capacitándoas para o desempeño do seu labor profesional e para o acceso ou mellora no emprego.
Esta formación está 100% subvencionada pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social, o que significa que non consome créditos de formación e que non che custará nin un euro. Unha vez finalizada a formación, obterás un diploma que certifica o correcto aproveitamento do curso.
Consulta a continuación a oferta de cursos e solicita a túa praza nun clic!


Consegue o teu Título Oficial!
Desenvolvemento de software baseado en tecnoloxías orientadas a compoñentes (MF0965_3)
Inicio: 30 de xuño. ÚLTIMAS PRAZAS!
Dirixido a: Persoas traballadoras e autónomos/as de Galicia. Prazas para desempregados/as de Galicia.
Duración: 90h.
Modalidade: Aula virtual, con dúas presencialidades en horario de mañá (08:54 a 13:00 horas) en Travesía de Vigo 15 1º, 36206 (Vigo).
Obxectivo: Desenvolver compoñentes software a partir dunhas especificacións concretas, proporcionando funcións de administración e supervisión do sistema operativo, para a xestión dos recursos dun sistema informático e a interacción con outros sistemas utilizando tecnoloxías de desenvolvemento orientadas a obxectos e a compoñentes.
Solicita a túa praza!
Podes consultar a oferta completa de cursos gratuítos dispoñibles ou os cursos incluídos no noso catálogo de formación privada e bonificada.
⚠ IMPORTANTE:
- É preciso dispoñer de computador e de conexión a internet fluída, para a realización destes cursos.
- Non se poden realizar dous cursos á vez.
- Todas as accións formativas teñen un módulo de: Formación para a igualdade.
- Non hai prazas dispoñibles para traballador@s da Administración Pública.
- Lembra que esta formación NON é bonificada, está subvencionada e é completamente gratuíta.
- As horas oficiais de Cambridge son adicionais e ofréceselles aos alumnos/as finalizados. Pódense realizar de maneira presencial ou de maneira en liña co sistema de Linguaskill.
Formación 100% Subvencionada por:
