Ser dixital para vender máis

 

 

Ser dixital para vender máis
Programa de divulgación e formación sobre as vantaxes da dixitalización e do comercio en liña.
A Federación Galega de Comercio (FGC), en colaboración coa Xunta de Galicia, pon en marcha un ciclo de talleres orientados a mellorar a venda e a atención ao cliente online, onde aprenderemos de casos de éxito para así poder aplicalos a calquera negocio do comercio galego. Tamén poderemos coñecer cómo sacar partido da publicidade de Facebook e Instagram, a mellorar o posicionamiento SEO da túa web ou cómo dixitalizar as túas finanzas.

Este ciclo inclúe unha xornada formativa aberta e doce talleres complementarios impartidos por expertos en dixitalización e dirixidos aos participantes desta primeira xornada.
 
Axenda:
 
Xornada formativa gratuita "Éxito dixital no pequeno comercio"
DATA: 21 de maio 
HORARIO: 12:00 - 13:30h.
Webinar - Conferencia online en directo
Nesta primeira xornada, explicaremos o programa completo de talleres e o compromiso da Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia coa formación dos comerciantes galegos. Ademáis, dúas ponencias impartidas por expertos porán as bases da necesaria dixitalización do comercio en Galicia.
Queres asistir? Pide a túa praza:

INSCRICIÓN PECHADA

Todo o que compartiremos:
  • Presentación a cargo de Manuel Heredia, director xeral de comercio e de José María Seijas presidente da Federación Galega de Comercio (FGC) 
  • Relatorio de Alfredo Vela: “A importancia de ter un comercio dixitalizado”
  • Relatorio de Fátima Martínez: “Aplica no teu comercio as novas ferramentas das redes sociais”
  • Peche a cargo de Francisco Conde López, vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia 
  • Modera: Jose María García Seijo, técnico de marketing de Femxa

Alfredo Vela  Zancada desenvolveu a súa carreira profesional ligado ao mundo da formación empresarial nos ámbitos de TIC’ s, informática, habilidades directivas e social media márketing. Dirixiu diversas empresas deste ámbito, e na actualidade é socio-director da empresa Social Media TIC’s and Training, que dispón de 5 áreas: comunicación, formación, social media, márketing dixital e infografías.

Impartiu máis de 40.000 horas de formación, máis de 300 conferencias por toda a xeografía española e mantén varios blogues. É autor dos libros “Como buscar traballo con Redes Sociais (e sen elas)” e “O Libro de Twitter“.

Tras estudar Publicidade e RRPP, os medios de comunicación foron a súa gran escola. Na actualidade dirixe Social Media FM, onde asesora a grandes empresas en transformación dixital e xestión do cambio, desenvolve estratexias de márketing para marcas comerciais e profesionais e imparte conferencias sobre márketing dixital, redes sociais, marca persoal, desenvolvemento persoal…

Escribe habitualmente no blogue Think Big de Telefónica e no seu propio blogue “Luces y Sombras de las Marcas”. Escribiu “Tres Damas con Marca” e “El libro de Tik Tok”, onde descobre esta nova rede social a profesionais e empresas.


Talleres formativos
Celebraranse doce talleres formativos complementarios en directo (dúas edición de cada un) con prazas limitadas. A inscrición a estes talleres abrirase o día 24 de maio e para participar nos mesmos é necesario ter asistido á xornada formativa do día 21.
27 de maio | 18:00 a 19:00h
Cómo mellorar sen custo o posicionamento en buscadores da túa web
Chema García Seijo | www.chemagarciaseijo.com
Con un exemplo práctico aprenderás a implementar nunha web os conceptos máis importantes de “SEO on page”, é dicir cómo optimizar unha web para conquerir namorar a Google.
3 de xuño | 18:00 a 19:00h
Estratexias de comunicación en Instagram e outras redes sociais
Sandra Aguado | @sencillamente.ese
Aprende cómo debes facer as túas comunicacións comerciais en redes sociais para que sexan tanto efectivas como atractivas.
10 de xuño | 12:00 a 13:00h
Cómo sacar partido da publicidade en Facebook e Instagram
Alberto Dotras | https://about.me/aldotras
Publicita o teu negocio de xeito sinxelo e barato usando as ferramentas publicitarias da plataforma de Facebook.
17 de xuño | 12:00 a 13:00h
Cómo aproveitar a dixitalización das finanzas no pequeno comercio
Inés Alejos | @InesAlejos
Introdúcete na banca online e nas funcionalidades dixitais dos servizos financeiros.
24 de xuño | 12:00 a 13:00h
Marketing dixital e comunicacións comerciais
Marcos López | @MarcosLópezGonzález
Distingue entre tódalas opcións de comunicación que ofrece o marketing online tendo en conta as limitacións da lei de protección de datos.
1 de xullo | 12:00 a 13:00h
Venta online no comercio: ¿tenda propia ou centros comerciais dixitais?
David Postigo | @davidpostigorodriguez
Comprende as diferenzas entre os diferentes xeitos de comercialización online dos teus productos.