Novas prazas! Talleres formativos "Ser dixital para vender máis"
Programa de divulgación e formación sobre as vantaxes da dixitalización e do comercio en liña.
A Federación Galega de Comercio (FGC) en colaboración coa Xunta de Galicia, pon en marcha un ciclo de talleres orientados a mellorar a venda e a atención ao cliente online. Aprenderemos de casos de éxito de pemes e emprendedores para así poder aplicalos a calquera negocio do comercio galego. Tamén poderemos coñecer cómo sacar partido da publicidade de Facebook e Instagram, a mellorar o posicionamiento SEO da túa web ou cómo dixitalizar as túas finanzas.

Se te quedaches sen praza no mes de maio ou queres asistir a outro taller, xa podes reservar a túa praza para os meses de setembro e outubro.
Relatores:
Marcos López
David Postigo
Chema García
Sandra Aguado
Alberto Dotras
Inés Alejos
Axenda:
9 de setembro | 12:00 a 13:00h
Marketing dixital e comunicacións comerciais
Marcos López | @MarcosLópezGonzález
Distingue entre tódalas opcións de comunicación que ofrece o marketing online tendo en conta as limitacións da lei de protección de datos.

PRAZAS ESGOTADAS!

16 de setembro | 18:00 a 19:00h
Venta online no comercio: ¿tenda propia ou centros comerciais dixitais?
David Postigo | @davidpostigorodriguez
Comprende as diferenzas entre os diferentes xeitos de comercialización online dos teus productos.

PRAZAS ESGOTADAS!

23 de setembro | 12:00 a 13:00h
Cómo sacar partido da publicidade en Facebook e Instagram
Alberto Dotras | https://about.me/aldotras
Publicita o teu negocio de xeito sinxelo e barato usando as ferramentas publicitarias da plataforma de Facebook.

PRAZAS ESGOTADAS!

30 de setembro | 12:00 a 13:00h
Cómo mellorar sen custo o posicionamento en buscadores da túa web
Chema García Seijo | www.chemagarciaseijo.com
Con un exemplo práctico aprenderás a implementar nunha web os conceptos máis importantes de “SEO on page”, é dicir cómo optimizar unha web para conquerir namorar a Google.
7 de outubro | 12:00 a 13:00h
Cómo aproveitar a dixitalización das finanzas no pequeno comercio
Inés Alejos | @InesAlejos
Introdúcete na banca online e nas funcionalidades dixitais dos servizos financeiros.
14 de outubro | 18:00 a 19:00h
Estratexias de comunicación en Instagram e outras redes sociais
Sandra Aguado | @sencillamente.ese
Aprende cómo debes facer as túas comunicacións comerciais en redes sociais para que sexan tanto efectivas como atractivas.

PRAZAS ESGOTADAS!

Queres asistir? Pide a túa praza:
As prazas están limitadas a unha solicitude por taller e persoa. É imprescindible que fagas o rexistro co mesmo correo electrónico que empregaste no rexistro da xornada inicial celebrada o día 21 de maio.

Por favor, selecciona o teu taller
Introduce tu nombre
Introduce un email.
O teléfono móbil debe comezar por 6 ou 7 en España
Para continuar, é necesario que aceptes a Política de Privacidade.