Concello de Vigo

 Cursos gratuítos para mozos inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil

Proxecto de formación gratuita “Vigo polo Emprego da Mocidade”

Curso gratuito dirixido a persoas desempregadas inscritas en Garantía Xuvenil

O Concello de Vigo, pon en marcha o proxecto de formación gratuíta “VIGO POLO EMPREGO DA MOCIDADE” da Convocatoria de Axudas do Fondo Social Europeo previstas no Programa de Emprego Xuvenil, dirixido a persoas desempregadas menores de 30 anos inscritas no Plan Nacional de Garantía Xuvenil.

O obxectivo deste proxecto formativo é ofrecer unha orientación laboral persoalizada, especialmente a aqueles/as con especiais dificultades, para favorecer as súas posibilidades de inserción sociolaboral e favorecer a integración no mercado laboral a través de prácticas laborais, acompañadas da formación específica e transversal axeitada ás súas necesidades.

Esta formación está 100% subvencionada polo Ministerio da Presidencia, polo que non consome créditos de formación das empresas e non supón custo algún para os participantes.

Ventajas Proxecto Vigo polo Emprego da Mocidade
Ventajas Proxecto Vigo Polo Emprego da Mocidade

Curso gratuito "(ADGD0210) Creación e Xestión de Microempresas":

Aprende paso a paso e desde cero a crear a túa propia empresa!

  • INICIO: 9 de maio. ¡INSCRICIÓN ABERTA!
  • MODALIDADECurso presencial en Vigo (FEMXA. Travesía de Vigo nº15)
  • DIRIXIDO A: Mozos desempregados, empadroados en Vigo e inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil
  • REQUISITOS DE ACCESO: Nivel de estudos mínimo de Bacharelato ou equivalente
  • DURACIÓN: 480h. de formación teórica + 40h. de prácticas en empresas
  • TITULACIÓN: Certificado de Profesionalidade de Nivel 3 "(ADGD0210) CREACIÓN E XESTIÓN DE MICROEMPRESAS"
  • ORIENTACIÓN LABORAL: Inclúe talleres, sesións presenciais informativas e documentación relacionada coa procura de emprego.
  • FORMACIÓN COMPLEMENTARIA EN IDIOMAS: Este Certificado de Profesionalidade, inclúe a realización de 180 horas de Comunicación en Lingua Estranxeira (Inglés) - Nivel 2

Queres saber máis?

Enche o seguinte formulario e coñece todos os detalles asistindo a unha sesión informativa previa ao inicio do curso (requisitos de acceso, temario, aplicación práctica e saídas profesionais). Poñerémonos en contacto contigo canto antes:

 

Nome*

Email*

Teléfono*
El teléfono móvil debe comenzar por 6 o 7 en España

Nivel de estudos finalizados*
Por favor, indica tu nivel de estudios finalizados

Elixe o teu curso*
Por favor, selecciona el curso que te interesa


    

Axudámosche?
☎ 900 100 957 (teléfono gratuíto)
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.